Somos xogo é un proxecto de divulgación do patrimonio lúdico galego e da creatividade xogantina, no que se inclúen varias accións:
Somos xogo busca difundir e revalorizar o xogo como importante compoñente do patrimonio cultural galego e alentar á creación de novos recursos lúdicos (xogos de mesa en galego) para promover o talento creativo das persoas e crear un repositorio de libre acceso de xogos de mesa en galego.