“Camiño de Santiago” é a baralla de cartas especial para sentirvos coma auténticas peregrinas e peregrinos.Podedes escoller entre estas dúas versións:VERSIÓN 1: Cunchas, frechas, mochilas e peregrinos.VERSIÓN 2: Botas, albergues, mapas e cabazas.Para tódalas idades, pódese utilizar para aprender vocabulario, conteo, numeración, sumas, clasificación,… ou para xogar a tódolos xogos de cartas que xa coñecedes. […]
Categoría: 6+
Unha divertida versión do tradicional bingo no que teredes que resolver as adiviñas para cubrir as ilustracións de alimentos do voso cartón de xogo. Autoría: O clan Idades: 6+ anos Participantes: 2 – 10 persoas Duración media dunha partida: 5-10 minutos Require traballo previo? Non Materiais adicionais necesarios: Fichas, fabas, anacos de papel…
Estás preparado/a para adentrarte nos bosques galegos? Se pensas que podes facerte coas herbas de Galicia e converterte en todo un experto ou experta, este é o teu xogo! Cal é o obxectivo? Atopar aquelas cartas nas que unha das palabras coincida coa planta representada na imaxe. Cando apareza… IDE A POR ELA! Tedes que […]
O xogo consiste en ir acertando preguntas e ir avanzando provincias seguindo a orde numérica. Comezará o xogo a persoa que acade o número máis alto da tirada cos dados. O primeiro que chegue á provincia 4 e acerte as preguntas gañará o xogo. Autoría: Aula de 6º de Primaria do CEIP “Santiago Apóstolo” de […]
Somos un grupo de animais da Serra do Caurel que estamos ante ameaza de cazadores. Temos que cruzar o bosque sen que nos alcancen os seus tiros e conseguir os froitos que precisamos! Colle unha carta animal e avanza no taboleiro tratando de recoller os froitos que precisamos e evitando os tiros dos cazadores que […]
Este xogo e unha homenaxe á nosa gastronomía e ás avoas galegas, que sempre insisten en que recunquemos. As cartas teñen cada unha 3 comidas típicas galegas (orella, chourizo, vieira, pementos, polbo, chinchos, churrasco, empanada, nécoras). Repártense todas as cartas e as deixamos nun monte boca abaixo diante de cada xogador. Todos á vez darémoslle […]
Tratáse dun xogo de carreiras no que a persoa xogadora con mellores habilidades de cálculo mental será a gañadora. Para avanzar no taboleiro débense responder ás operacións aritméticas que indiquen os dados, e se se acerta, moverase. O primeiro en chegar gaña. Hai tres niveis de dificultade, polo que poden xogar tanto nenos/as que só […]
Queres coñecer aos teus dun xeito moi divertido? Queres comprobar ata onde poden chegar a través de atrevidos retos? Este é o xogo que precisas! Se caes na casa verde, tes que contestar unha pregunta de verdade. Se caes na vermella tes que facer un reto, se o fas a carta será túa! Se non […]
É un xogo estupendo que che axudará a saber máis sobre a Prehistoria. A medida que avanzas no taboleiro irás respondendo a preguntas das 3 etapas da Prehistoria: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais. Hai 2 tipos de preguntas, fáciles e difíciles: as fáciles valen 1 punto e as difíciles 2. Se caes na coroa […]
Benvidos e benvidas ao laboratorio de monstros! Teredes que crear 2 monstros xuntando a cabeza, tronco e pernas (ou o que sexa) correspondentes. Mais, ollo! No laboratorio convivides con outras persoas que vos farán a vida imposible para seren elas as primeiras en conseguir os seus obxectivos. Para ser a primeira, empregade todo tipo de […]