Categorías
30 - 60 minutos 6+ ate 4 persoas ate 6 persoas dúas persoas máis de 6 persoas Require material adicional Require montaxe Taboleiro

Feistificación

O feísmo é un quebracabezas dentro da Galiza. Feistificación é un aproveitamento deste concepto para darlle unha volta ó problema (?) e convertelo nun xogo de creación, cores, formas, ideas… e política! Con diversas modalidades, Feistificación non avoga por solucionar nada, mais si por crear pensamentos que nos leven a reflexionar acerca dun conflitivo patrimonio […]

Categorías
30 - 60 minutos 6+ ate 4 persoas ate 6 persoas Cartas dúas persoas Require montaxe

Estoupa!

O Estoupa! é un xogo de mesa inspirado no Entroido galego e composto por 56 tarxetas con imaxes de diferentes personaxes entroideiras. Verdade entroideira ou mentira mentireira? Terás que botar man das túas destrezas e habilidades para despistar ao contrincante: dirás a verdade ou será mellor mentir? Máis che vale disimular pois se adiviñan a […]

Categorías
<30 minutos 6+ ate 4 persoas ate 6 persoas dúas persoas Require material adicional Taboleiro

Somos de Monte

Este xogo permite desfrutar en familia dun paseo «en papel» polo noso monte. Igual que pasa no de verdade, ten subidas e baixadas e poucos tramos en liña recta. Permítenos coñecer a flora e compartir a aventura con familiares e/ou amigos. Ninguén dixo que sería fácil o percorrido, tal como a vida mesma, pero queda […]

Categorías
<30 minutos 6+ ate 4 persoas ate 6 persoas Cartas dúas persoas máis de 6 persoas Require montaxe

Ao Chou!

Cres que tes bo ollo? Afina os reflexos e colle todas as fichas que poidas! Hai 50 cartas de palabras ao chou de cousas características de Galicia e 50 fichas circulares con debuxos que representan as palabras. As cartas con palabras estarán colocadas nun mazo de cartas, bocabaixo, no centro da mesa, e as fichas […]

Categorías
<30 minutos 6+ ate 4 persoas dúas persoas Require material adicional Taboleiro

Animais Sementeiros

Animais Sementeiros consiste en conseguir formar un animal xuntando tres cartas (unha da cabeza, outra do tronco e a última da cola) viaxando por un taboleiro e superando os retos das celas especiais do mesmo. Autoría: Grupo de Crianças do Centro Semente Compostela [info@sementecompostela.com] Idades: 3+ anos Participantes: 2 – 4 persoas Duración media dunha […]