Categorías
<30 minutos 6+ ate 6 persoas Cartas máis de 6 persoas Require montaxe

Bule na cociña

Estades traballando nunha casa de comidas e os pedidos están a rebosar. Bulide! Os comensais están famentos e non podemos deixar que se marchen sen a súa comida, ou o encargado tirarános das orellas. Xunta todos os ingredientes que teñas na túa carta de pedidos e consegue preparar así o prato a tempo. Cada xogador […]

Categorías
<30 minutos 6+ ate 4 persoas ate 6 persoas Cartas dúas persoas máis de 6 persoas Require material adicional Require montaxe

Formas

Un xogo cheo de formas, debuxos e creatividade. Terás que dar mostra da túa arte para o debuxo e deseño empregando unicamente a forma que se escolla ao chou de entre as tarxetas. Pero, ollo! non vale calquera borrancho ou garabato, pois o teu éxito dependerá de que as persoas contra as que xogas sexan […]

Categorías
<30 minutos 6+ ate 4 persoas ate 6 persoas máis de 6 persoas Require material adicional Taboleiro

Atopa o Camiño

“Atopa o camiño” é un xogo cooperativo cuxo obxectivo é atopar o camiño que está oculto no taboleiro e compoñer un poema, canción… ordeando correctamente os versos escritos nas baldosas do camiño. Autoría: O clan. Idades: 8+ anos Participantes: 3+ persoas Duración media dunha partida: 20 minutos Require traballo previo? Si. Imprimir o taboleiro. Materiais […]

Categorías
<30 minutos 6+ ate 4 persoas ate 6 persoas Cartas dúas persoas máis de 6 persoas Require material adicional

Marcho que teño que…

Neste xogo de memoria as persoas xogadoras colaborarán para se lembrar de todas as tarefas que teñen que facer e os instrumentos requiridos para eses fins. En cada rolda un xogador imaxinará un obxecto e unha compañeira inventará unha tarefa non relacionada. O primeiro xogador terá que inventar unha historia para enlazar o obxecto e […]

Categorías
30 - 60 minutos 6+ ate 4 persoas ate 6 persoas dúas persoas máis de 6 persoas Require material adicional Require montaxe Taboleiro

O Quenllo

Para concienciar sobre o coidado do medio presentamos este xogo competitivo e divertido no que a través da creatividade e do atrevemento terás que conseguir os obxectivos indicados. Se gostas da natureza e da creatividade, este é o teu. Autoría: Katherin Laura Greta Mosquera, Lía Vigo Vaamonde, Paula Deus Fernández, Uxía Iglesias Vázquez, Érika Castiñeiras […]

Categorías
30 - 60 minutos 6+ ate 4 persoas ate 6 persoas dúas persoas máis de 6 persoas Require material adicional Require montaxe Taboleiro

Feistificación

O feísmo é un quebracabezas dentro da Galiza. Feistificación é un aproveitamento deste concepto para darlle unha volta ó problema (?) e convertelo nun xogo de creación, cores, formas, ideas… e política! Con diversas modalidades, Feistificación non avoga por solucionar nada, mais si por crear pensamentos que nos leven a reflexionar acerca dun conflitivo patrimonio […]

Categorías
<30 minutos 6+ ate 4 persoas ate 6 persoas Cartas dúas persoas máis de 6 persoas Require montaxe

Ao Chou!

Cres que tes bo ollo? Afina os reflexos e colle todas as fichas que poidas! Hai 50 cartas de palabras ao chou de cousas características de Galicia e 50 fichas circulares con debuxos que representan as palabras. As cartas con palabras estarán colocadas nun mazo de cartas, bocabaixo, no centro da mesa, e as fichas […]