Aprendices de Apalpador! é un xogo pensado para 2 xogadores/as ubicándonos nas tempadas invernais onde o Apalpador leva a cabo a súa labor de repartir castañas aos nenos/as que mellor se portaron durante o ano. Non obstante, nesta ardua tarefa, precisa a axuda dos seus fieis axudantes que, coa axuda das habilidades dos animais propios […]
Categoría: Require material adicional
Como voluntariado da asociación animal o noso deber é rescatar os máximos animais posibles. Mans á obra!Avanza no taboleiro para rescatar animasi e conseguirlles todos os coidados que precisan Autoría: Rebeca Fervenza Collazo e o alumnado de 4º de Primaria do CEIP San Roque de Darbo Idades: 4+ anos Participantes: 2 – 6 persoas Duración […]
Unha divertida versión do tradicional bingo no que teredes que resolver as adiviñas para cubrir as ilustracións de alimentos do voso cartón de xogo. Autoría: O clan Idades: 6+ anos Participantes: 2 – 10 persoas Duración media dunha partida: 5-10 minutos Require traballo previo? Non Materiais adicionais necesarios: Fichas, fabas, anacos de papel…
O xogo consiste en ir acertando preguntas e ir avanzando provincias seguindo a orde numérica. Comezará o xogo a persoa que acade o número máis alto da tirada cos dados. O primeiro que chegue á provincia 4 e acerte as preguntas gañará o xogo. Autoría: Aula de 6º de Primaria do CEIP “Santiago Apóstolo” de […]
Que tal se che dan os animais? E os vertebrados? Queres demostrar ou ampliar os teus coñecementos sobre o tema mentres xogas cos teus amigos?“Os vertebrados” é un xogo educativo para compartir cos amigos ou familia e, ao mesmo tempo, repasar e afondar o que se sabe sobre este interesante grupo de animais.Forma un equipo […]
O cambio climático é unha realidade e os gobernos son tan ineptos que imos pasar deles e saír nós mesmas deste círculo vicioso. Pero, coidado! O tempo é limitado e debemos ir contrarreloxo. Unha carreira trepidante para saír dun labirinto chego de tropezos, preguntas e recompensas no que tan só cooperando conseguiremos salvar o planeta. […]
Este xogo xurdiu para intentar facer máis sinxelo o coñecemento da xeografía de España coas súas características principais. Autoría: Laura Gómez Grande Idades: 11+ anos Participantes: 2 – 8 persoas Duración media dunha partida: 30 minutos Require traballo previo? Si Materiais adicionais necesarios: Non
Tratáse dun xogo de carreiras no que a persoa xogadora con mellores habilidades de cálculo mental será a gañadora. Para avanzar no taboleiro débense responder ás operacións aritméticas que indiquen os dados, e se se acerta, moverase. O primeiro en chegar gaña. Hai tres niveis de dificultade, polo que poden xogar tanto nenos/as que só […]
Queres coñecer aos teus dun xeito moi divertido? Queres comprobar ata onde poden chegar a través de atrevidos retos? Este é o xogo que precisas! Se caes na casa verde, tes que contestar unha pregunta de verdade. Se caes na vermella tes que facer un reto, se o fas a carta será túa! Se non […]
Somos un grupo de amigos/as que queremos limpar o lixo dos montes da nosa contorna. Imos dividirnos para limpar o monte no menor tempo posible! Monta o taboleiro colocando as bolsas de lixo no seu lugar segundo o seu tamaño. Comezamos no centro: a medida que avanzamos imos recollendo as tarxetas das bolsas de lixo. […]