Categorías
Feira Xogantina

As Lolas da cascarilla

As Lolas da cascarilla somos Ana, Mar e Lucía, tres mulleres do concello de San Saduniño, que decidimos emprender xuntas un proxecto agora recoñecido co selo de Artesanía de Galicia.

A semente, esfolla e preparación da folla de millo, son feitas de xeito totalmente artesanal, apostando polo empoderamento da muller rural e a recuperación tradicional, ademais de mostrar un total respecto tanto no proceso de obtención da materia prima, como no coidado do entorno que a provee. Cada produto das Lolas leva consigo horas de traballo, ilusión e un anaquiño do que fai de nós, as Lolas da Cascarilla.

Dentro dos produtos que podedes das Lolas, gustaríanos destacar dous, as Lolas en sí, e o tres en raia. Estes dous produtos apostan pola recuperación do xoguete tradicional.

As Lolas son bonecas feitas de folla de maínzo: tentamos darlle unha volta a esas bonecas coas que xogaban as xeracións anteriores, un pouco tratando de homenaxealas cunha aposta máis actual, que aínda que ao principio sexa con fins decorativos, xa comprobamos que resisten algunha xornada de xogo, e son máis duras do que parecen.

O tres en raia ten unha base de madeira pirogravada sobre a que movermos as 6 pezas tamén de madeira decoradas con folla de maínzo, unha aposta polo sinxelo, o de sempre e a recuperación.

CONTACTO

CORREO ELECTRÓNICO: astreslolasdacascarilla@gmail.com

TELÉFONO: 646938132

ENDEREZO: Lobeira 15 Santa Mariña do Monte. 15561 San Sadurniño (A Coruña).

GALERÍA