Categorías
Feira Xogantina

Asociación 6D6

Somos unha asociación cultural formada por máis de vinte socios de Santiago de Compostela e comarca. O noso obxectivo principal é a mostra e promoción de actividades de ocio alternativo dentro do ámbito dos xogos de mesa, de rol e de estratexia así coma do hobby asociado aos mesmos.

Levamos máis de dez anos existindo como grupo e desde 2013 como asociación formal axudando a coñecer as nosas aficións a toda persoa interesada e que comunique con nós a través de calquera medio, xa sexan as nosas redes sociais, o noso correo electrónico ou mediante o sempre efectivo boca a boca.

Actualmente o noso local de xogo está nas Cancelas, en Compostela, moi preto do centro comercial no que os venres é normal atopar algúns socios xogando (ou era antes das restricións) así que calquera persoa que queira coñecernos será benvida.

MÁIS INFORMACIÓN

6D6 vén participando e organizando actividades moi variadas desde a súa formación. Ademais de torneos e ligas de diferentes xogos, tanto internas como abertas ao público, tamén estivemos en proxectos da biblioteca pública Anxel Casal, no programa Boas Noites. Realizamos sesións de portas abertas no noso local onde amosamos diferentes xogos, en ocasións temáticas como na época do Samaín ou de videoxogos retro e organizando grandes proxectos como as Xornadas Warp durante tres anos, actividades con ánimo solidario centradas no ocio alternativo en colaboración co Concello de Santiago e negocios locais. Actualmente ademais realizamos un podcast no que comentamos novidades e opinións sobre diferentes xogos.

CONTACTO

ENDEREZO: Rúa das Cancelas 78. Acceso desde a Rúa de Vicente Risco, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña.

CORREO ELECTRÓNICO: contacto@asociación6d6.com

GALERÍA