Categorías
Feira Xogantina

Brazolinda

Brazolinda é un proxecto de deseño e fabricación de xogos de mesa en galego que naceu no ano 2014 froito da experiencia como xogadores e como pais. Os nosos xogos, todos de creación propia, están pensados para que poidan xogar xuntos grandes e pequenos, xa que cremos que o xogo en grupo e/ou en familia é unha actividade moi enriquecedora tanto dende o punto de vista da aprendizaxe de actitudes, dinámicas, habilidades motrices e mentais … como para axudar a unir lazos.

O xogo de mesa é un terreo neutral no que non caben discriminacións en función do xénero, da procedencia, das capacidades físicas ou mentais … e por iso é unha ferramenta tan interesante á hora de educar, tanto na escola como na casa; potenciando ademais a concentración, o razoamento, a cooperación, a aprendizaxe de vocabulario e comportamentos…

MÁIS INFORMACIÓN

Contamos neste momento con 20 xogos no catálogo, mais o traballo de creación no noso taller é continuo e o catálogo segue medrando. Cada xogo ten uns obxectivos educativos diferentes: matemáticas; expresión oral; adiviñas; xeografía, historia, patrimonio … do Camiño de Santiago; agudeza visual; léxico… Podedes consultar estes xogos en www.brazolinda.com

Ademais dos xogos, organizamos espazos de xogo nos que poder xogar a todos eles orientados, especialmente, ás familias. Así mesmo, temos participado como docentes nos cursos sobre “Educación en igualdade a través do xogo” organizados pola Xunta de Galicia e orientados ao profesorado de infantil, primaria e secundaria.

Entrevista no xornal O salto Galiza.

Reportaxe para o telexornal de TVE.

Reportaxe para “Aquí hay trabajo” de La 2 de TVE.

CONTACTO

Os xogos están á venda tanto na nosa tenda online como en tendas físicas de diferentes lugares de Galicia. Os enderezos das tendas físicas poden consultarse na nosa web, en Onde mercar.

TELÉFONO: 647 853 361 (Irimia)

CORREO ELECTRÓNICO: brazolinda@brazolinda.com

GALERÍA

Ao rescate (+ 6 anos):
Xogo artesanal.
Cómpre protexer os animais que viven en liberdade para evitar a súa extinción, poñéndoos a salvo grazas ao movemento razoado dos animais adultos polo entorno e evitando que o barco os secuestre.
Xogo en equipo, anticipación, estratexia.
A noite do meigallo (+ 3 anos):
Xogo de taboleiro de adiviñas no que, ademais de poñer en práctica o razoamento resolvendo as adiviñas, durante a partida tamén haberá que facer uso da imaxinación creando unha serie de rimas.
Verbolario (+ 6 anos):
Xogo de léxico e de observación no que cómpre identificar antes que os demais as palabras escritas no círculo que corresponda en cada quenda. As letras están por orde, mais haberá que deducir cal é a primeira letra.
A veiga (+ 3 anos):
Xogo artesanal
Pensado para aprender a xogar a xogos de mesa. Nel, en equipo, hai que coidar unha horta; regando, sementando, agardando a que maduren e apañando os produtos da horta.
Toma de decisións, respecto das quendas, primeiras normas sinxelas, xogo en equipo.