Categorías
Feira Xogantina

MELGA

O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) é unha institución museolóxica de carácter permanente que ten como misión fundamental a conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural galego relacionado co xogo tradicional, co deporte tradicional e coa historia do xoguete. Nel tamén se mostran obxectos e pezas de grande interese, procedentes de España e de pobos e rexións da xeografía mundial.

O MELGA é un espazo de compromiso co pasado lúdico que serve de instrumento didáctico para as presentes e futuras xeracións, no que se organizan multitude de actividades e eventos anualmente.

Situado en plena natureza, nun edificio de arquitectura modernista, dispón aproximadamente dunha superficie de 800 metros cadrados de exposición, onde se exhiben máis de catro mil pezas da colección privada pertencente á Fundación Ricardo Pérez y Verdes. Conta ademais cun campo de xogo de 1.000 metros cadrados, así como cun amplo aparcadoiro para visitantes.

OUTRA INFORMACIÓN

Coa entrada vai incluído una sesión práctica de xogos e deportes tradicionais no exterior ou interior do museo.

CONTACTO

www.museomelga.com
info@museomelga.com
(+34) 981 715 442
Facebook: @MuseoMelga

GALERÍA

Vídeo producido para o Proxecto Tesouros Vivos de Xandobela onde falamos con Ricardo Pérez y Verdes, fundador do MELGA: