O xogo consiste en construír palabras en galego coas letras que cada persoa xogadora dea consiguido ao acertar coa ubicación no taboleiro das pezas que se vaian collendo do saquiño ao chou de cada vez.
- Autoría: A pandi.
- Idades: 6+ anos
- Participantes: 2+ persoas
- Duración media dunha partida: 20 minutos
- Require traballo previo? Si. Imprimir e cortar as pezas.
- Materiais adicionais necesarios: Si: papel e lapis, un reloxo/cronómetro (optativo), un saquiño (optativo) e un dicionario de galego (optativo).