Estades traballando nunha casa de comidas e os pedidos están a rebosar. Bulide!
Os comensais están famentos e non podemos deixar que se marchen sen a súa comida, ou o encargado tirarános das orellas. Xunta todos os ingredientes que teñas na túa carta de pedidos e consegue preparar así o prato a tempo.
Cada xogador terá 3 cartas vermellas con diferentes receitas e terá que conseguir todos os ingredientes. Para iso terá que conseguir as cartas do mazo central, tendo que ganar os duelos polos ingredientes co resto de xogadores que tamén os necesiten.
Así que terás que ser o máis rápido!
- Autoría: Cristina Pérez Hermida e Paula Martínez Barreiro [pau_die@hotmail.com]
- Idades: 6+ anos
- Participantes: 4 – 10 persoas
- Duración media dunha partida: 15 minutos
- Require traballo previo? Si
- Materiais adicionais necesarios: Non