Categorías
30 - 60 minutos 6+ ate 6 persoas Require material adicional Taboleiro

Calcurreira

Tratáse dun xogo de carreiras no que a persoa xogadora con mellores habilidades de cálculo mental será a gañadora. Para avanzar no taboleiro débense responder ás operacións aritméticas que indiquen os dados, e se se acerta, moverase. O primeiro en chegar gaña.

Hai tres niveis de dificultade, polo que poden xogar tanto nenos/as que só saben sumar e restar. No último nivel trabállanse as catro operacións aritméticas: suma, resta, multiplicación e división. Ademais, trabállanse as sinais de tráfico e o valor do seu respecto para previr accidentes.

  • Autoría: Noé Rañón Vilela
  • Idades: 6+ anos
  • Participantes: 2 – 5 persoas
  • Duración media dunha partida: 30-40 minutos
  • Require traballo previo? Non
  • Materiais adicionais necesarios: Dados de operacións aritméticas, dados de 10 caras e reloxo de area de 10 segundos ou cronómetro.