Categorías
<30 minutos 6+ ate 4 persoas ate 6 persoas Cartas dúas persoas Require montaxe

Camiño de Santiago

“Camiño de Santiago” é a baralla de cartas especial para sentirvos coma auténticas peregrinas e peregrinos.
Podedes escoller entre estas dúas versións:
VERSIÓN 1: Cunchas, frechas, mochilas e peregrinos.
VERSIÓN 2: Botas, albergues, mapas e cabazas.
Para tódalas idades, pódese utilizar para aprender vocabulario, conteo, numeración, sumas, clasificación,… ou para xogar a tódolos xogos de cartas que xa coñecedes.

  • Autoría: Paloma Oliveira Hermo
  • Idades: 6+ anos
  • Participantes: 2 – 6 persoas
  • Duración media dunha partida: 15-20 minutos
  • Require traballo previo? Non.

Se se quere pódese imprimir a parte de atrás das cartas e pegala antes de recortar (é a páxina onde sae a catedral de Santiago), pero é máis un aspecto estético. Tamén se pode plastificar para que sexa máis duradeiro.

  • Materiais adicionais necesarios: Non