O Estoupa! é un xogo de mesa inspirado no Entroido galego e composto por 56 tarxetas con imaxes de diferentes personaxes entroideiras.
Verdade entroideira ou mentira mentireira?
Terás que botar man das túas destrezas e habilidades para despistar ao contrincante: dirás a verdade ou será mellor mentir? Máis che vale disimular pois se adiviñan a túa estratexia podes estoupar!
Un xogo de emoción, maquinación e intriga!
- Autoría: Douaa Dghoughi, Zaid Dghoughi, Claudio Andreetti, Derin Mirás Cakir, Anás El Kho e Sara Vieites. Da aula de xogo do Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo-Compostela.
- Idades: 6+ anos
- Participantes: 2+ persoas
- Duración media dunha partida: 20 – 40 minutos
- Require traballo previo? Si: cortar e dar cor ás cartas
- Materiais adicionais necesarios: Non