Un xogo cheo de formas, debuxos e creatividade.
Terás que dar mostra da túa arte para o debuxo e deseño empregando unicamente a forma que se escolla ao chou de entre as tarxetas. Pero, ollo! non vale calquera borrancho ou garabato, pois o teu éxito dependerá de que as persoas contra as que xogas sexan quen de adiviñar e descifrar os teus debuxos.
- Autoría: Os curmáns.
- Idades: 6+ anos
- Participantes: 2+ persoas
- Duración media dunha partida: 20 minutos
- Require traballo previo? Si. Imprimir e cortas as tarxetas.
- Materiais adicionais necesarios: Si: 1 dado de 6 caras, papel, lapis e un reloxo/cronómetro