Para concienciar sobre o coidado do medio presentamos este xogo competitivo e divertido no que a través da creatividade e do atrevemento terás que conseguir os obxectivos indicados.
Se gostas da natureza e da creatividade, este é o teu.
- Autoría: Katherin Laura Greta Mosquera, Lía Vigo Vaamonde, Paula Deus Fernández, Uxía Iglesias Vázquez, Érika Castiñeiras Liñares, Uxía Vázquez Casas, Carme Iglesias Vázquez, Macarena Rodriguez Pereiro, da Asociación cultural Brisas do Quenllo da Pontraga (Tordoia).
- Idades: 6+ anos
- Participantes: 2-8 persoas
- Duración media dunha partida: 60 minutos
- Require traballo previo? Si
- Materiais adicionais necesarios: Si: macarróns, lentellas, fabas… calquera obxecto que sirva de ficha para mover (moedas, pedras de azucre…), 2 dados, bolígrafo e e papel.