Queres coñecer aos teus dun xeito moi divertido? Queres comprobar ata onde poden chegar a través de atrevidos retos? Este é o xogo que precisas!
Se caes na casa verde, tes que contestar unha pregunta de verdade. Se caes na vermella tes que facer un reto, se o fas a carta será túa! Se non o fas quedas sen carta. Na casa da estrela colles tarxeta amarela: pode ser de avanzar ou retroceder 3 casas. Gaña quen ao chegar á meta teña máis cartas vermellas.
- Autoría: Rebeca Fervenza Collazo e alumnado de 4º de Primaria do CEIP San Roque de Darbo
- Idades: 8+ anos
- Participantes: 2 – 7 persoas
- Duración media dunha partida: 30 minutos
- Require traballo previo? Non
- Materiais adicionais necesarios: Dados, papel, lapis e fichas