Categorías
<30 minutos 6+ ate 4 persoas ate 6 persoas dúas persoas Require material adicional Taboleiro

Somos de Monte

Este xogo permite desfrutar en familia dun paseo «en papel» polo noso monte. Igual que pasa no de verdade, ten subidas e baixadas e poucos tramos en liña recta. Permítenos coñecer a flora e compartir a aventura con familiares e/ou amigos.

Ninguén dixo que sería fácil o percorrido, tal como a vida mesma, pero queda garantida a diversión en cada cambio impredecíbel que nos depare o dado e a casa que nos toque.

  • Autoría: Mari Rey e Juan David Sixto da Asociación Veciñal San Xoán de Grixoa-Santa Comba. [aa.vv.grixoa@gmail.com]
  • Idades: 6+ anos
  • Participantes: 2+ persoas
  • Duración media dunha partida: 10 – 15 minutos
  • Require traballo previo? Si
  • Materiais adicionais necesarios: Dado, fichas