Categorías
<30 minutos 6+ ate 4 persoas ate 6 persoas Cartas dúas persoas Require montaxe Taboleiro

Súper aventura animal

Somos un grupo de animais da Serra do Caurel que estamos ante ameaza de cazadores. Temos que cruzar o bosque sen que nos alcancen os seus tiros e conseguir os froitos que precisamos!

Colle unha carta animal e avanza no taboleiro tratando de recoller os froitos que precisamos e evitando os tiros dos cazadores que che farán perder unha carta. Se caes no veleno vas ao/á veterinario/a. Tamén vas ao/á veterinario/a se chegas ao final sen todos os froitos que precisas.

  • Autoría: Rebeca Fervenza Collazo e alumnado de 4º de Primaria do CEIP San Roque de Darbo
  • Idades: 6+ anos
  • Participantes: 2 – 6 persoas
  • Duración media dunha partida: 20 minutos
  • Require traballo previo? Non
  • Materiais adicionais necesarios: Dados e fichas