Que tal se che dan os animais? E os vertebrados? Queres demostrar ou ampliar os teus coñecementos sobre o tema mentres xogas cos teus amigos?
“Os vertebrados” é un xogo educativo para compartir cos amigos ou familia e, ao mesmo tempo, repasar e afondar o que se sabe sobre este interesante grupo de animais.
Forma un equipo (mínimo 2 persoas) e xoga con outros equipos (ata 6). O reto é rematar o percorrido superando diferentes tipos de probas: pictionary, trivial, pasapalabra, resposta múltiple ou tabú; pero, OLLO!, non caias nos recadros “Volve Empezar”.
Foi deseñado e probado con éxito polo alumando de 1º ESO do IES de Porto do Son. Esperamos
que o disfrutedes tanto coma nós!
- Autoría: 1º ESO do IES Porto do Son
- Idades: 11+ anos
- Participantes: mínimo 4 persoas (2 grupos de 2), o número ideal son 12.
- Duración media dunha partida: 25 minutos
- Require traballo previo? Si
- Materiais adicionais necesarios: Dados, fichas, cronómetro, papel e lapis.