Categorías
<30 minutos 6+ ate 4 persoas dúas persoas Require material adicional Require montaxe Taboleiro

Xogo da Cadeira

O Xogo da Cadeira ten unha dinámica similar á do xogo da oca. O obxectivo é chegar á meta. Porén, durante o desenvolvemento do xogo, as persoas xogadoras irán atopando obstáculos e barreiras que deberán ir salvando.

Unha perfecta analoxía das situacións que deben enfrontar as persoas con discapacidade no seu día a día. Así, os chanzos, por exemplo, impedirán ao xogador avanzar durante unha serie de quendas. As casas de contido positivo están constituídas por cousas da vida cotiá que a todos e todas nos gusta facer e que, ben polas barreiras ou pola pandemia non estamos a poder desenvolver.

Unha proposta sinxela e sensibilizadora para promover os xogos de sempre desde unha nova óptica.

  • Autoría: Asociación Sociocultural ASCM. [info@ascmgalicia.org]
  • Idades: 6+ anos
  • Participantes: 2+ persoas
  • Duración media dunha partida: 15-20 minutos
  • Require traballo previo? Si
  • Materiais adicionais necesarios: Si: dado, fichas, similares ás da oca ou parchís. Pódense elaborar con materiais de refugallo (tapóns, botóns, etc.)