É un xogo estupendo que che axudará a saber máis sobre a Prehistoria. A medida que avanzas no taboleiro irás respondendo a preguntas das 3 etapas da Prehistoria: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais. Hai 2 tipos de preguntas, fáciles e difíciles: as fáciles valen 1 punto e as difíciles 2. Se caes na coroa […]
Categoría: ate 4 persoas
Un xogo no que terás que conseguir os ingredientes precisos para poder cociñar e comer un dos saborosos pratos que temos no menú: cocido, filloas, carne ao caldeiro, polbo á feira…, unha chea de receitas da gastronomía galega para chupar os dedos. Autoría: A pandi. Idades: 6+ anos Participantes: 2+ persoas Duración media dunha partida: […]
Un xogo cheo de formas, debuxos e creatividade. Terás que dar mostra da túa arte para o debuxo e deseño empregando unicamente a forma que se escolla ao chou de entre as tarxetas. Pero, ollo! non vale calquera borrancho ou garabato, pois o teu éxito dependerá de que as persoas contra as que xogas sexan […]
O xogo consiste en construír palabras en galego coas letras que cada persoa xogadora dea consiguido ao acertar coa ubicación no taboleiro das pezas que se vaian collendo do saquiño ao chou de cada vez. Autoría: A pandi. Idades: 6+ anos Participantes: 2+ persoas Duración media dunha partida: 20 minutos Require traballo previo? Si. Imprimir […]
“Atopa o camiño” é un xogo cooperativo cuxo obxectivo é atopar o camiño que está oculto no taboleiro e compoñer un poema, canción… ordeando correctamente os versos escritos nas baldosas do camiño. Autoría: O clan. Idades: 8+ anos Participantes: 3+ persoas Duración media dunha partida: 20 minutos Require traballo previo? Si. Imprimir o taboleiro. Materiais […]
Neste xogo de memoria as persoas xogadoras colaborarán para se lembrar de todas as tarefas que teñen que facer e os instrumentos requiridos para eses fins. En cada rolda un xogador imaxinará un obxecto e unha compañeira inventará unha tarefa non relacionada. O primeiro xogador terá que inventar unha historia para enlazar o obxecto e […]
O primeiro xogador que chegue a Santiago gaña o xogo. Para comezar deberase escoller un dos oito camiños polo que o xogador irá desprazándose cara o seu destino. Canto máis curta sexa a ruta seleccionada máis riscos conterá. Cada casa destes camiños constitúe cada unha das etapas de cada camiño de Santiago. As casas conterán […]
O Xogo da Cadeira ten unha dinámica similar á do xogo da oca. O obxectivo é chegar á meta. Porén, durante o desenvolvemento do xogo, as persoas xogadoras irán atopando obstáculos e barreiras que deberán ir salvando. Unha perfecta analoxía das situacións que deben enfrontar as persoas con discapacidade no seu día a día. Así, […]
Para concienciar sobre o coidado do medio presentamos este xogo competitivo e divertido no que a través da creatividade e do atrevemento terás que conseguir os obxectivos indicados. Se gostas da natureza e da creatividade, este é o teu. Autoría: Katherin Laura Greta Mosquera, Lía Vigo Vaamonde, Paula Deus Fernández, Uxía Iglesias Vázquez, Érika Castiñeiras […]
Este é un xogo co cal non só ides desfrutar pasando un bo rato coas familias e amizades, senón que tamén podedes aprender sobre lendas e historias galegas moi pouco coñecidas, descubrindo así moito máis da nosa cultura e tradicións. Son lendas pouco coñecidas, pero que din moito da nosa terra chea de misterios e […]