Categorías
Feira Xogantina

Acuto xogos

Somos unha pequena iniciativa asturiana nacida en 2019 e centrada na fabricación de xogos en asturiano e ata hoxe en galego, coa intención de facer xogos noutros idiomas a medida que medramos. Cremos que o xogo é fundamental na vida dos nenos e nenas e que a existencia de xogos nas súas propias linguas son fundamentais para a normalización social da lingua na vida dos nenos/as. Ata hoxe publicamos 5 xogos para nenos/as en asturiano, 1 xogo para adultos/as en asturiano, 1 xogo en galego-asturiano e 2 xogos en galego.

MÁIS INFORMACIÓN

En galego publicamos despois de dúas campañas de mecenado “O Xogo das Parellas” e o “Dominó de Animais” que son pequenos xogos de cartas onde o uso do idioma para o seu desenvolvemento é esencial, conseguindo así que durante o xogo os nenos e nenas aprendan vocabulario e normalicen o idioma.

CONTACTO

CORREO ELECTRÓNICO: acutoxuegos@gmail.com 

GALERÍA