Categorías
Feira Xogantina

Asociación Cultural Colectivo A Rula

Somos un pequeno grupo de persoas da comarca de Compostela cun nexo común, a súa paixón pola arte rupestre e a súa divulgación e protección no espazo natural que a rodea. Só valorando o noso patrimonio cultural e amosando a nosa veciñanza os tesouros que se agochan nos nosos montes poderemos protexer e xestionar de xeito responsable un recurso limitado que as xeracións futuras merecen coñecer.

OUTRA INFORMACIÓN

No ano 2018 publicamos un estudo sobre un conxunto de máis de 100 taboleiros de xogo realizados nos séculos XVII e XVIII e que se conservan na cidade de Santiago de Compostela. Trátase dun conxunto único na súa tipoloxía.

En marzo deste ano publicamos novos exemplares

CONTACTO

GALERÍA

Imaxes do roteiro:

alq19-36

Colección de fotos dos taboleiros de xogo de Compostela.