Categorías
Feira Xogantina

Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT)

A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional é unha entidade con sede en Melide pero de ámbito galego. Naceu en 2003 coa finalidade de investigar e divulgar o patrimonio lúdico de Galicia. Nestas case dúas décadas promovou máis de 500 actividades de divulgación en todo o país e fóra del, desenvolveu diferentes liñas de investigación e de publicacións, e participou activamente na constitución do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego, formado por entidades e investigadores/as a título individual, que foi quen de poñer en liña a primeira base de datos con recursos sobre os xogos tradicionais galegos (www.xogostradicionais.gal). A AGXPT é unha das tres entidades galegas integradas na Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais (https://jugaje.com/).

CONTACTO

TELÉFONO: 618 480 957

CORREO ELECTRÓNICO: agxpt@agxpt.gal

GALERÍA