Categorías
Feira Xogantina

Chafarís

Somos unha pequena tenda familiar, Cris e Kiko, na que o trato personal, o asesoramento e a confianza son as nosas premisas. 

Xuntos navegamos neste barco cargados de ilusión, traballo e sobre todo moitas ganas de xogar. 

Seleccionamos con agarimo e probamos xoguetes que deixen voar a imaxinación e a creatividade dos nenos e nenas, sempre cumprindo os máximos estándares de seguridade. 

Na nosa tenda non ides atopar xoguetes con pilas, a única razón é que cremos que a imaxinación funciona mellor.

Gústanos xogar e compartilo cos nenos, as nenas e as familias nos nosos obradorios e extraescolares tanto na tenda como en escolas ou noutras entidades educativas. Desa necesidade de xogar creamos o “Club de familias xogonas” un servizo de aluguer de xogos para desfrutar en familia, entre amigos ou en parella. 

Un lugar no que xogar e desfrutar do xogo en familia. Un recuncho para inspirar a vosa creatividade.

MÁIS INFORMACIÓN

O noso espazo nútrese da experiencia compartida e por iso sempre estamos abertos e dispostos a colaborar con escolas, institucións e demais entidades educativas para promover o xogo como aprendizaxe.

Destas sinerxias e colaboracións naceu a nosa ludoteca na Maker Faire Galicia, que aínda que neste 2021 non se puido celebrar en formato habitual realizouse de maneira dixital e nós partipamos de novo cun obradoiro dixital. 

Ademais colaboramos desde os nosos inicios coa Tropa verde, unha inicativa que ten por obxectivo fomentar a reciclaxe premiando con recompensas as boas accións ambientais.

Somos ademais novo punto adherido aos descontos que ofrece o carnet xove cun 10 % de desconto no total da compra. 

CONTACTO

CORREO ELECTRÓNICO: info.chafaris@gmail.com

TELÉFONO: 981069422

ENDEREZO: R/ Algalia de Arriba 16 Baixo. 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

GALERÍA