A ludoteca itinerante de Xandobela | Educación e Cultura componse dunha colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos que sempre está lista para ir a onde for chamada e haxa ganas de xogar e de pasalo ben. A idea da ludoteca itinerante é cear un espazo de ocio alternativo, onde poder gozar do xogo en familia á vez que desenvolvemos as nosas habilidades e destrezas manuais, cognitivas e a capacidade imaxinativa.
Dispón dun catálogo de xogos de gran formato de precisión, de lanzamento, de habilidade, de enxeño, de cooperación.. algúns son os de toda a vida e outros que reinventamos a partir de materiais de refugallo. Xogos simples e artesanais sen necesidade de pilas, plásticos ou luces de neón…
- Máis de 40 xogos artesanais de precisión, de lanzamento, de habilidade, de enxeño, de cooperación.
- Para todas as idades
- Para interiores e exteriores
- Adaptable a calquera espazo e celebración
- Acolle un grande número de participantes simultaneamente.
OUTRA INFORMACIÓN
A nosa ludoteca itinerante leva visitado e dinamizado máis de 300 festas, eventos, festivais, feiras… ao longo de toda a xeografía galega desde o 2008, sendo pioneira na divulgación do patrimonio lúdico do país.
Festas do barrio de San Pedro, Festival As nosas músicas de Couso, Encontros de música tradicional de Carboeiro, Festival Sinsal, Festa Irmandiña de Catoira, Festas da Guadalupe de Rianxo, San Froilán de Lugo, Romaría Cativa de Compostela, Festas do programa Apego, San Xoán Pequeniño da Coruña, no programa “No verán un conto…” e “Os libros ao sol” do SNL do Concello de Vigo, Alfaroleiros do Concello de Oleiros, Foliada do Bosque, Banquete de Conxo… e numerosísimas escolas, festas patronais e celebracións de todo tipo.
CONTACTO
www.xandobela.info
info@xandobela.info