Gaia Ecocrianza é un espazo físico e online desde o que ofrecemos todo o necesario para, de forma sostible, vivir unha maternidade consciente e unha crianza respectuosa.
Entendemos o xogo como unha necesidade vital, como un feito sagrado que merece ser coidado e respectado. Por iso, seleccionamos coidadosamente os materiais de xogo que incorporamos á Gaia. Buscamos que sexan de orixe natural, abertos, non estruturados, que permitan que o xogo naza das crianzas, dos seus intereses e capacidades, desde os primeiros meses. Neste senso, impulsamos a inciativa das Bebetecas como espazo imprescindible de coidados e lecer, no que cubrir a necesidades básicas das crianzas de menos de tres anos (e das súas familias) en eventos dirixidos a público familiar. Espazos nos que gabear, xogar e moverse libremente, con seguridade e deseñados para ser vividos e gozados en familia.
Ademais, xestionamos o espazo Explora na sala de Gaia, como lugar de experimentación e xogo libre para crianzas desde os 12 meses ata 5 anos. O Explora funcionou durante 3 anos con periodicidade semanal, alternando actividades e talleres con temáticas como Pedagoxía da Luz, Obrador de Area, Minimundos, Instalacións de Xogo…
MÁIS INFORMACIÓN
Na actualidade, toda a nosa actividade relacionado coa promoción e divulgación da importancia do xogo libre en crianzas facémolo en formato online, con talleres e actividades puntuais das que damos información puntual a través das RRSS.
CONTACTO
ENDEREZO: R/ Santiago de Guayaquil 6, baixo esquerda. 15702. Santiago de Compostela, A Coruña.
TELÉFONO E WHATSAPP: +34981817914
CORREO ELECTRÓNICO: info@gaiaecocrianza.com