Categorías
Feira Xogantina

Velaísca

Velaísca somos un colectivo que promovemos a interacción da rapazada co seu patrimonio. Con patrimonio referímonos tanto a aquilo material e tanxible como edificios, restos arqueolóxicos, a natureza e monumentos e, tamén, ao patrimonio inmaterial e intanxible como a lingua, as tradicións ou o mundo simbólico.

Cada comarca conta con peculiaridades naturais, históricas, culturais, ou artísticas, que ben é certo que non sempre son coñecidas polos seus habitantes.

Pretendemos que a rapazada a través do xogo coñeza a contorna que os arrodea. Así pouco a pouco comezarán a coidar, respectar e divulgar; en definitiva, pór en valor o seu patrimonio involucrando ás xeracións vindeiras.

MÁIS INFORMACIÓN

Desde que se conformou Velaísca realizamos moitos proxectos de diversa índole para o público infantil. Na nosa web podedes ter algúns exemplos que resumiremos a continuación.

Por un lado organizamos diversos eventos de animación infantil con monitorado e xogos alternativos, é dicir, facemos as nosas propias festas infantís en vodas, comuñóns, aniversarios ou mesmo en datas de festas sinaladas no almanaque para unha vila ou un barrio.

Por outro lado tamén coordinamos divertidos campamentos, proxectos escolares ou obradoiros creativos cunha programación personalizada. Neles están presentes dalgunha maneira a historia, a arte, o medioambiente e a sensibilización sobre determinados temas da sociedade que nos arrodea. Pretendemos así motivar a aprendizaxe na educación formal ou informal utilizando unha metodoloxía creativa.

Tamén desde Velaísca propoñemos recuperar algúns dos xogos tradicionais e populares, tanto os da nosa comarca como os galegos. Forman parte da nosa cultura, conforman a nosa identidade e permiten que distintas xeracións compartan, xoguen e se divirtan xuntos.

Por último nos últimos anos adentrámonos no mundo dos espectáculos infantís, o máis destacado é a Apalpadora, onde coa súa maxia e ilusión contaxia á súa comunidade conseguindo inculcar un mundo mellor, coas súas lendas e cantigas pon en valor a vida rural respectando a natureza e a vida san.

CONTACTO

TELÉFONO: 660462958 (Antía, coordinadora)

CORREO ELECTRÓNICO: velaisca@gmail.com

GALERÍA