Categorías
<30 minutos 4+ ate 4 persoas Cartas Require material adicional Taboleiro

A recollida de lixo

Somos un grupo de amigos/as que queremos limpar o lixo dos montes da nosa contorna. Imos dividirnos para limpar o monte no menor tempo posible!

Monta o taboleiro colocando as bolsas de lixo no seu lugar segundo o seu tamaño. Comezamos no centro: a medida que avanzamos imos recollendo as tarxetas das bolsas de lixo. Se caemos no froito envelenado perdemos unha carta que volve ao taboleiro. Gaña quen obteña máis puntos.

  • Autoría: Rebeca Fervenza Collazo e alumnado de 4º de Primaria do CEIP San Roque de Darbo
  • Idades: 4+ anos
  • Participantes: 2 – 4 persoas
  • Duración media dunha partida: 10 minutos
  • Require traballo previo? Non
  • Materiais adicionais necesarios: Fichas