Cres que tes bo ollo? Afina os reflexos e colle todas as fichas que poidas!
Hai 50 cartas de palabras ao chou de cousas características de Galicia e 50 fichas circulares con debuxos que representan as palabras. As cartas con palabras estarán colocadas nun mazo de cartas, bocabaixo, no centro da mesa, e as fichas con debuxos repartidas por toda a mesa de forma aleatoria, boca arriba.
OLLO AO PIOLLO! Cada carta ten un marco dunha cor diferente. Por quendas, no sentido das agullas do reloxo, cada persoa dará a volta a unha carta do mazo central e todas terán que buscar o debuxo de esa palabra coa mesma cor, nas fichas repartidas pola mesa. O primeiro que colla a ficha, levarase a carta.
Gañará a persoa que máis cartas teña ao finalizar o mazo de cartas.
- Autoría: Cristina Pérez Hermida e Paula Martínez Barreiro [pau_die@hotmail.com]
- Idades: 6+ anos
- Participantes: 2 – 10 persoas
- Duración media dunha partida: 15 minutos
- Require traballo previo? Si
- Materiais adicionais necesarios: Non