O primeiro xogador que chegue a Santiago gaña o xogo. Para comezar deberase escoller un dos oito camiños polo que o xogador irá desprazándose cara o seu destino.
Canto máis curta sexa a ruta seleccionada máis riscos conterá. Cada casa destes camiños constitúe cada unha das etapas de cada camiño de Santiago.
As casas conterán unha proba que deberá ser superada para continuar xogando. Cando unha proba non é superada tócalle xogar ao seguinte xogador.
Empezará a partida o xogador de menor idade e continuarase en sentido das agullas do reloxo. Avánzase unha casa por cada quenda, se se supera a proba continua avanzando.
- Autoría: Laura García. [laura.daph7@gmail.com]
- Idades: 6+ anos
- Participantes: 2+ persoas
- Duración media dunha partida: 20 minutos
- Require traballo previo? Si
- Materiais adicionais necesarios: Si: 2 dados, unha ficha por persoa e un reloxo/cronómetro