Categorías
30 - 60 minutos 6+ ate 4 persoas ate 6 persoas dúas persoas máis de 6 persoas Require material adicional Require montaxe Taboleiro

Feistificación

O feísmo é un quebracabezas dentro da Galiza. Feistificación é un aproveitamento deste concepto para darlle unha volta ó problema (?) e convertelo nun xogo de creación, cores, formas, ideas… e política!

Con diversas modalidades, Feistificación non avoga por solucionar nada, mais si por crear pensamentos que nos leven a reflexionar acerca dun conflitivo patrimonio dun xeito ameno e divertido.

  • Autoría: Hadri Rei. [hadrirei@hotmail.es]
  • Idades: 6+ anos
  • Participantes: 2+ persoas
  • Duración media dunha partida: 30 minutos
  • Require traballo previo? Si: cortar as pezas
  • Materiais adicionais necesarios: Si: dado de seis caras, papel, materiais para debuxar, unha saca de tea ou caixa para as pezas