Categorías
<30 minutos 12+ 18+ 6+ Cartas máis de 6 persoas Require montaxe

Herbas de Galicia

Estás preparado/a para adentrarte nos bosques galegos?

Se pensas que podes facerte coas herbas de Galicia e converterte en todo un experto ou experta, este é o teu xogo!

Cal é o obxectivo? Atopar aquelas cartas nas que unha das palabras coincida coa planta representada na imaxe.

Cando apareza… IDE A POR ELA!

Tedes que ser os/as máis rápidos/as! Aquela persoa que consiga máis plantas, gaña.

  • Autoría: Paula Martínez Barreiro
  • Idades: 6+ anos
  • Participantes: 2 – 10 persoas
  • Duración media dunha partida: 10-15 minutos
  • Require traballo previo? Si
  • Materiais adicionais necesarios: Non