Este é un xogo co cal non só ides desfrutar pasando un bo rato coas familias e amizades, senón que tamén podedes aprender sobre lendas e historias galegas moi pouco coñecidas, descubrindo así moito máis da nosa cultura e tradicións. Son lendas pouco coñecidas, pero que din moito da nosa terra chea de misterios e seres fantásticos e mitolóxicos, porque sempre se dixo que Galicia é terra de meigas!
- Autoría: Katherin Daniela Chacón Villamizar e Rosalía Rodríguez Valencia.
- Idades: 6+ anos
- Participantes: 2-6 persoas
- Duración media dunha partida: 30 minutos
- Require traballo previo? Si: cortar as pezas
- Materiais adicionais necesarios: Si: un dado de seis caras e unha ficha para cada grupo