Categorías
<30 minutos 6+ ate 4 persoas ate 6 persoas Cartas dúas persoas máis de 6 persoas Require material adicional

Marcho que teño que…

Neste xogo de memoria as persoas xogadoras colaborarán para se lembrar de todas as tarefas que teñen que facer e os instrumentos requiridos para eses fins. En cada rolda un xogador imaxinará un obxecto e unha compañeira inventará unha tarefa non relacionada. O primeiro xogador terá que inventar unha historia para enlazar o obxecto e a tarefa, co fin de crear unha mnemotécnica. Isto se repetirá varias veces e logo os xogadores terán que empregar a súa memoria para lembrar que obxecto vai con cada tarefa.

  • Autoría: Xogón. [lar@xogon.eu]
  • Idades: 6+ anos
  • Participantes: 2-10 persoas
  • Duración media dunha partida: 20 minutos
  • Require traballo previo? Non
  • Materiais adicionais necesarios: Si: lapis, papel e unha caixiña/urna/pucho.