Este xogo e unha homenaxe á nosa gastronomía e ás avoas galegas, que sempre insisten en que recunquemos.
As cartas teñen cada unha 3 comidas típicas galegas (orella, chourizo, vieira, pementos, polbo, chinchos, churrasco, empanada, nécoras).
Repártense todas as cartas e as deixamos nun monte boca abaixo diante de cada xogador.
Todos á vez darémoslle a volta á carta superior:
Para os/as máis pequenos/as, se coincide unha comida en 2 cartas poñemos a man no centro e dicimos “RECUNCA”, mais o nome do alimento repetido e levamos as cartas que conteñan dito alimento (se non coinciden, acumúlanse; se acumularon levan todas as cartas dese monte).
Para os máis maiores, podemos complicalo facendo que teñan que coincidir 2 alimentos para poder berrar “RECUNCA”.
Se xogan máis de 2 persoas, e importante lembrar que so levaran os montes onde existen alimentos coincidentes, o os outros montes quedan de bote.
Ao final gaña quen teña a morea maior de cartas.
- Autoría: Iria Fernández García e Paula García Álvarez
- Idades: 4+ anos
- Participantes: 2 – 4 persoas
- Duración media dunha partida: 5 minutos
- Require traballo previo? Non
- Materiais adicionais necesarios: Non