Este xogo permite desfrutar en familia dun paseo «en papel» polo noso monte. Igual que pasa no de verdade, ten subidas e baixadas e poucos tramos en liña recta. Permítenos coñecer a flora e compartir a aventura con familiares e/ou amigos.
Ninguén dixo que sería fácil o percorrido, tal como a vida mesma, pero queda garantida a diversión en cada cambio impredecíbel que nos depare o dado e a casa que nos toque.
- Autoría: Mari Rey e Juan David Sixto da Asociación Veciñal San Xoán de Grixoa-Santa Comba. [aa.vv.grixoa@gmail.com]
- Idades: 6+ anos
- Participantes: 2+ persoas
- Duración media dunha partida: 10 – 15 minutos
- Require traballo previo? Si
- Materiais adicionais necesarios: Dado, fichas