Certame de creación de xogos de mesa en galego para público infantil e familiar.
Poderedes participar todas as persoas e/ou grupos que así o desexedes, baixo a aceptación e cumprimento destas BASES.
Nesta páxina web colgaranse todos os xogos que concorran no concurso, para o seu libre uso e disfrute. Deste xeito, disporase dun repositorio de xogos descargables e imprimibles en galego, para seren xogados por calquera persoa.
Podes ver os xogos da primeira edición aquí.
Os obxectivos que se buscan son:
- Dinamizar o uso da lingua galega entre o colectivo infantil e familiar en contextos educativos e sociais diversos.
- Potenciar a creación lúdica colectiva.
- Impulsar procesos e actividades de dinamización lingüística relacionados directamente co xogo para colectivo infantil e familiar en contextos e tempos de lecer dun xeito participativo.
Concíbese, pois, dunha ferramenta para a dinamización lingüística, ao tempo que se propician procesos e mecanismos de participación e creatividade colectiva cuxos resultados se compartirán co resto da cidadanía, creando sinerxias sociais moi positivas.
Se es dun Concello e queres apoiar o proxecto, escríbenos a info@xandobela.info e contámosche como facelo a través da organización de obradoiros de creación de xogos.
Ficheiros para descargar:
Máis información en: info@xandobela.info
CO APOIO DE: