Son un artesán que me dedico á creación de xogos de mesa, de enxeño, de habilidade, xoguetes, autómatas, móbiles, voadores… Todo elo dende Quiroga, corazón da Ribeira Sacra, dentro do Xeoparque Mundial da UNESCO “ Montañas do Courel” e en pleno Camiño de Inverno.
A intención de crear este proxecto é facer chegar á xente de todas as idades xogos e xoguetes que estimulen a mente para mellorar as nosas capacidades, baseándome en xogos da miña infancia, uns respectando a súa forma habitual e outros adaptándoos a situacións actuais.
Son xogos activos nos que usamos as nosas mans para activar o noso cerebro, practicando habilidades como a destreza, a lóxica e o enxeño sen case darnos conta.
Todo o proceso de fabricación e deseño está feito por min de forma totalmente artesanal. Traballo con distintos tipos de madeira e outros materiais sostibles. Respectando sempre o medio ambiente e os recursos da miña zona, o que enriquece o carácter do produto final. Os acabados son con pinturas e vernices acrílicos, non tóxicas e de moi variadas cores, e ceras e aceites naturais.
CONTACTO
Antonio Fernández Vicente | Carta de artesán: 4.923 (25/01/2017) | Obradoiro: 11.101 (21/02/2019).
ENDEREZO: Rúa Real, 175-baixo. Quiroga-Lugo.
TELÉFONO: 650 913 224
CORREO ELECTRÓNICO: enxogate.artesania@gmail.com