Categorías
Feira Xogantina

OZOCOgz deseño galego

Somos unha marca xurdida no 2012 após deseñar o noso primeiro produto, unha camisola que comezamos a chamar a do Zoco. Daí o noso nome comercial.

No campo do deseño temos dúas liñas diferenciadas. Na primeira traballamos fundamentalmente o produto téxtil, é dicir, camisolas, suadoiros, sacas, etc, e ultimamente por mor das circunstancias incluso tapabocas (máscaras).

A segunda liña, é da papelaría, na que tamén están os xogos de mesa e outros produtos como cadernos ou almofadiñas para o computador.

O nexo común de todos os nosos produtos é o da defensa de Galiza e das súas características como Pobo, as nosas mensaxes son moi diáfanas, non gustamos xogar coa frase fácil senón que máis ben buscamos a reivindicación cultural e lingüística sen complexos.

OUTRA INFORMACIÓN

Ademais do proxecto “comercial”, en OZOCOgz decidimos dende o comezo achegar o noso gran de area á cultura do País coa organización dun concurso de micro-relato que chega este ano á súa nona edición, tantas como anos ten a nosa empresa.

No noso concurso destaca, dende o primeiro ano, a calidade dos e das membros do xurado, escritoras e escritores moi coñecidos da nosa literatura xunto con colaboracións de varias librarías punteiras como Cartabón, Pedreira ou Miranda, por citar uns exemplos.

Nesta páxina podedes ver máis sobre o concurso.

En canto aos nosos xogos de mesa, até o día de hoxe (ameazamos con sacar máis en breve), temos dous no mercado, o TI NON ES DE AQUÍ? e o TI NON ES DE AQUÍ? XÚNIOR, a versión para crianzas do primeiro enredo.

Do primeiro xogo fixéronse até o de agora 4 edicións e do Xúnior estamos a distribuír a segunda.

CONTACTO

Temos tenda física no Carballiño, coordenadas 42.432293979479894, -8.076467633041998

O enderezo postal é o seguinte:
OZOCOgz DESEÑO GALEGO
Rúa Curros Enríquez, 29
32500 · O Carballiño (OU)

GALERÍA

PRENSA