Categorías
30 - 60 minutos 6+ ate 4 persoas Cartas dúas persoas Require material adicional Taboleiro

A liña do tempo

É un xogo estupendo que che axudará a saber máis sobre a Prehistoria.

A medida que avanzas no taboleiro irás respondendo a preguntas das 3 etapas da Prehistoria: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais. Hai 2 tipos de preguntas, fáciles e difíciles: as fáciles valen 1 punto e as difíciles 2. Se caes na coroa (premium) colles unha carta. Gaña quen chegue ao final con máis puntos.

  • Autoría: Rebeca Fervenza Collazo e o alumnado de 4º de Primaria do CEIP San Roque de Darbo
  • Idades: 8+ anos
  • Participantes: 2 – 4 persoas
  • Duración media dunha partida: 40 minutos
  • Require traballo previo? Non
  • Materiais adicionais necesarios: Dados e fichas