O xogo consiste en ir acertando preguntas e ir avanzando provincias seguindo a orde numérica. Comezará o xogo a persoa que acade o número máis alto da tirada cos dados. O primeiro que chegue á provincia 4 e acerte as preguntas gañará o xogo. Autoría: Aula de 6º de Primaria do CEIP “Santiago Apóstolo” de […]
Categoría: 30 – 60 minutos
Tratáse dun xogo de carreiras no que a persoa xogadora con mellores habilidades de cálculo mental será a gañadora. Para avanzar no taboleiro débense responder ás operacións aritméticas que indiquen os dados, e se se acerta, moverase. O primeiro en chegar gaña. Hai tres niveis de dificultade, polo que poden xogar tanto nenos/as que só […]
É un xogo estupendo que che axudará a saber máis sobre a Prehistoria. A medida que avanzas no taboleiro irás respondendo a preguntas das 3 etapas da Prehistoria: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais. Hai 2 tipos de preguntas, fáciles e difíciles: as fáciles valen 1 punto e as difíciles 2. Se caes na coroa […]
Para concienciar sobre o coidado do medio presentamos este xogo competitivo e divertido no que a través da creatividade e do atrevemento terás que conseguir os obxectivos indicados. Se gostas da natureza e da creatividade, este é o teu. Autoría: Katherin Laura Greta Mosquera, Lía Vigo Vaamonde, Paula Deus Fernández, Uxía Iglesias Vázquez, Érika Castiñeiras […]
Este é un xogo co cal non só ides desfrutar pasando un bo rato coas familias e amizades, senón que tamén podedes aprender sobre lendas e historias galegas moi pouco coñecidas, descubrindo así moito máis da nosa cultura e tradicións. Son lendas pouco coñecidas, pero que din moito da nosa terra chea de misterios e […]
O feísmo é un quebracabezas dentro da Galiza. Feistificación é un aproveitamento deste concepto para darlle unha volta ó problema (?) e convertelo nun xogo de creación, cores, formas, ideas… e política! Con diversas modalidades, Feistificación non avoga por solucionar nada, mais si por crear pensamentos que nos leven a reflexionar acerca dun conflitivo patrimonio […]
O Estoupa! é un xogo de mesa inspirado no Entroido galego e composto por 56 tarxetas con imaxes de diferentes personaxes entroideiras. Verdade entroideira ou mentira mentireira? Terás que botar man das túas destrezas e habilidades para despistar ao contrincante: dirás a verdade ou será mellor mentir? Máis che vale disimular pois se adiviñan a […]
Palabrarte é un xogo de palabras que vencella palabra e arte, dúas das dimensións desta proposta. Mediante este termo inventado aludimos a acción de palabrar ou falar para nomear a aprender diferentes aspectos sobre lingua galega e diversidade lingüística, literatura, xeografía, música, cine, natureza… Ámbitos temáticos dos que consta este xogo. En definitiva, unha forma […]