Campaña de dinamización social e escolar de difusión do patrimonio lúdico galego, cun catálogo de dúas actividades para seren desenvolvidas nas escolas, asociacións e concellos interesados.
Ao longo dos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2021, uns 2500 nenas e nenos participaron nos obradoiros da Escola do xogar.
XOGUETOLOXÍA CO QUE
CHE CAIA NAS MANS
(de 4 a 8 anos)
Obradoiro de construción de xogos, xoguetes, enredos e instrumentos sonoros con materiais de refugallo e naturais.
Xogar sen necesidade de grandes gastos e fomentando a creatividade e a autonomía.
Compartiremos “currículo” xogantín e construiremos un divertido brinquedo con materiais simples que nos caia nas mans.
XOGUETOLOXÍA
SEN NADA NAS MANS
(de 8 a 12 anos)
Obradoiro de xogos que non precisan de material para gozar deles: xogos bailados, xogos lingüísticos, xogos musicais… Compartiremos unha serie de enredos e dinámicas que amosan parte do rico patrimonio lúdico galego, aquel que se crea e se recrea no cotiá, na participación grupal e social, na oralidade e na sinxeleza e humildade para o desenvolvemento e a expresión lúdica das persoas, sen nada nas mans e nos petos.
Escríbenos a info@xandobela.info para solicitar máis información.