Categorías
12+ 30 - 60 minutos ate 6 persoas Cartas Require material adicional Require montaxe Taboleiro

Palabrarte

Palabrarte é un xogo de palabras que vencella palabra e arte, dúas das dimensións desta proposta. Mediante este termo inventado aludimos a acción de palabrar ou falar para nomear a aprender diferentes aspectos sobre lingua galega e diversidade lingüística, literatura, xeografía, música, cine, natureza… Ámbitos temáticos dos que consta este xogo. En definitiva, unha forma lúdica de achegármonos ao patrimonio material e inmaterial da realidade galega, deseñada por profesoras e alumnado do IES de Arzúa.

  • Autoría: Avelina Pichel Calo, Lucía Moreiras Rodríguez, Mª Jesús Gómez Suárez, Esperanza Rocamonde Iglesias e os estudantados de 4º da ESO e 1 de Bacharelato [maca.igrejas@edu.xunta.gal]
  • Idades: 10+ anos
  • Participantes: 2 – 5 persoas
  • Duración media dunha partida: 50 minutos
  • Require traballo previo? Cortar as tarxetas e montar o taboleiro
  • Materiais adicionais necesarios: Dado, fichas, cronómetro